#MúsicaQueTransforma

Por medio da orquestra, os nenos e nenas adquiren valores e virtudes que trasladarán á súa vida, colaborando así a crear unha sociedade mellor.

— Sandra Fernández, presidenta de Son das Flores.

Home

Música que transforma

Son das Flores é un proxecto musical, social e pedagóxico que se pon en marcha no CEIP Vicente Risco de Vigo. O seu obxectivo é empregar a música como ferramenta de transformación social e desenvolvemento persoal.

Isto se acada a través da creación dunha orquestra co alumnado. Por medio da música producese unha mellora na capacidade intelectual, no razoamento lóxico e abstracto e na creatividade. Tamén reforza adquisición de hábitos como son a constancia e a responsabilidade. O traballo en grupo fomenta valores como a tolerancia, o respecto e a empatía.

Os nosos obxectivos

Ámbito intelectual

Aumentar a súa capacidade de concentración, disciplina, responsabilidade; mellorar o seu pensamento lóxico e abstracto e creatividade.

Estado emocional

Influír positivamente para que aumenten o seu autocoñecemento, así como a súa capacidade de expresarse de maneira asertiva e regular mellor as súas emocións.

Habilidades sociais

Desenvolver habilidades sociais como son o respecto, a empatía e a tolerancia, para mellorar a convivencia e as relacións entre o alumnado do centro educativo.

Lecer saudable

Proporcionar unha contorna alternativa, nun ambiente de confianza e seguridade para acadar un lecer saudable, diminuindo así os riscos de adiccións.

Vías de colaboración

Necesitámoste para seguir brindando oportunidades de crecemento e desenvolvemento a estes artistas. Así é como podes colaborar:

Doazón económica

Se queres facer unha doazón económica a utilizaremos para comprar material, instrumentos e contratar a equipo docente.

Quero facer unha doazón

Doazón de instrumentos

Se tes instrumentos aos que non lles dás uso e queres ofrecerlles unha segunda vida podes facelo ben como préstamo ou como doazón.

Quero doar un instrumento

Co teu traballo

Se eres músico e queres colaborar como docente ou voluntario, envíanos o teu currículum.

Quero ser voluntario

Patrocinio

Se queres ser unha empresa patrocinadora éste é o teu lugar, porque o que facemos se ve, se escoita e se sinte.

Quero ser un patrocinador
Home